|
¿A que nos adicamos? Agrupación Local de Protección Civil do Carballiño |
||
PROTECCION CIVIL Esta entidade naceu orixinariamente coma unha Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e como tal, a maioría das nosas actividades pertencen ou teñen algunha relación con este eido |
![]() |
||
![]() |
MEDIO AMBIENTE Os numerosos ataques que sofre o noso medio ambiente e, sobre todo, a plága que constituen os incendios forestais, levounos a asumir e implantar novos proxectos de intervención neste eido, na maioría dos casos, en colaboración con outras entidades (administracións, grupos conservacionistas/ecoloxistas). |
||
SERVIZOS SOCIAIS A Agrupación non desenvolve directamente ningún programa relacionado cos servizos sociais, senón que colabora activamente cos seus recursos humanos e materiais con aquelas iniciativas (públicas ou privadas) que o solicitan. |
![]() |
||
![]() |
SANIDADE Ademais do transporte sanitario en ambulancia, ou a atención médica en eventos e grandes concentracións (nun autocar equipado para estas tarefas), a Agrupación participa en tódolos dispositivos sanitarios para os que é requerida. |
||
CULTURA A Agrupación colabora a cotío con aquelas iniciativas, tanto públicas como privadas que fomentan e desenvolvan actividades culturais |
![]() |
||
![]()
|
DEPORTES Dende a Agrupación Local de Protección Civil do Carballiño tratamos de fomenta-lo deporte, non só de cara ós nosos voluntarios (o que redunda nunha maior capacidade de intervención) senón tamén (coa axuda doutras entidades) promocionalo no noso ámbito de actuación. |